Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Saudo do Alcalde

Alcalde

As novas tecnoloxías da información permítennos presentar, nunha ventá aberta o mundo, o patrimonio, as potencialidades e os recursos do noso Concello. O tempo que, a telemática pon a nosa disposición unha excelente ferramenta para ofrecer os veciños de As Neves información rápida e actualizada sobre a configuración da estructura municipal e sobre diferentes servizos e trámites  a realizar.

Nas Neves estamos vivindo un momento clave para o noso futuro, que como Alcalde me sinto afortunado de compartir, como consecuencia da próxima construcción da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra- As Neves (PLISAN), que ocupará máis de catro millóns de metros cadrados de superficie,  e que vai a supoñer un importante reto, que estamos seguros traerá consigo crecemento economico e mellora da calidade de vida dos nosos veciños.

Quero agradecer a súa visita virtual, desexando que lles sexan de utilidade as informacións contidas nesta páxina, e enviar un agarimoso saúdo a tódolos nevenses que por distintas razóns se atopan fóra, có desexo de que a distancia física non sexa un impedimento para estar preto de As Neves.

En nome da Corporación  e do Concello que represento Benvidos/as a Páxina Web do Concello de As Neves

Raúl-Emilio Castro Rodríguez
Alcalde de As Neves