Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Cultura y Deporte

O Concello de As Neves quere conmemorar esta ano xubilar e histórico do principio do milenio en Galicia... Por elo organiza para todos o veciños/as que o desexen unha viaxe a "Santiago de Compostela" o sábado día 27 de novembro. Ver bando


 

Deporte

O Concello de As Neves apoia a actividade deportiva, especialmente o deporte base, tamen apoiamos a todos os demais clubes en función dos xogadores e equipos que teñen.

Nas escolas deportivas de fútbol temos 77 nenos. Nos equipos de fútbol base do Nieves hai:

o 12 xogadores alevins. o 19 infantis. o 14 cadetes. o 18 xuvenis. o 20 no equipo de Segunda Regional.

Todos perteñecen ao nieves C.F. No fútbol de veteranos ten:

o O Montesol ten 25 xogadores o O Conxelados Xian 25 xogadores o O Señorio de Rubios 25 xogadores.

En fútbol sala:

o Están 12 xogadores no Manuel García Araujo o 12 xogadores no Santa Marta o 12 xogadores no Señorio de Rubios o 20 xogan na Terceira Regional co San Xoan de Rubios

Tamen contamos cunha escola de fútbol sala femenino na que hai 16 xogadoras, que entran este ano na competición.

En Bádminton teñen 60 xogadores

Tamen hai un Club Cicloturista A Lamprea que ten 67 ciclistas.

Ao tenis xogan 23 persoas e durante o verán a cifra incrementase.

E por ultimo a escola de baloncesto que esta a adestrar no pavillon do institutro e conta con 15 xogadoras.

En total son 472 deportistas nun concello con algo mais de 4500 habitantes, o dez por cento da poboacion.

 

Cultura

A Escola de Música Municipal de As Neves no curso 2010/2011 conta con 70 alumnos que van desde os 4 anos ata os 80 anos, recibindo clases de solfeo e linguaxe musical.

Os cursos están distribuidos por idades 1. Iniciación musical I comprende nenos de 4 a 5 anos 2. Iniciación musical II nenos de 6 anos 3. Dende os 7 anos ata adultos comezan as practicas instrumentais que van dende o curso 1 ata grado medio 4. A opción Libre esta destinada para adultos.

Os instrumentos mais demandados polos alumnos son a guitarra, o saxofón e a flauta de pico, pasando polo clarinete, piano, flauta travesera, pandereta, gaita e percusión e tamen instrumentos de vento metal como a trompeta, trombón e bombardino.

O inicio do curso comezou o día 4 de outubro.

--Cursos en activo:
* Graduado en Secundaria:. Curso semipresencial que comezou en outubro e durara ata maio, impartindo os 3 ámbitos para poder obter o titulo de Graduado en Secundaria. Coste da matricula e de 20 Euros e as cuotas mensuales son de 30 euros onde tera todo o material didáctico necesario para o curso. O curso se imparte no Centro Social de As Neves todos os venres de 17:30 a 21:30 horas. A matricula esta inda aberta, todas as persoas que estén interesadas poden anotarse no Centro Social todos os días de 9 da mañan as 3 da tarde

* Curso Celga 3: Curso a través da Diputación de Pontevedra que comenzou o día 17 de setembro e que tera unha duración de 75 horas para a obtención do Celga 3.

* Taller de Reciclaxe: O vindeiro xoves 4 de Novembro o Concello de As Neves impartirá un Curso-Taller de Reciclaxe. Esta actividade ten por obxetivo concienciarnos do coidado do Medio Ambiente a través da reciclaxe aprendendo a confeccionar diferentes obxetos. Esta destinada a adultos e contará cun horario de martes e xoves de 17:15 ata as 18:45.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no Centro Social, lugar onde se realizará dito curso e terán que facelo antes do día de comezo do mesmo. A actividade e gratuita.

 

EntradaBanda de Música Popular de Rubiós | EntradaCoral "Santa María de As Neves" | EntradaIX Certame Fotográfico | EntradaDialogues4B
 
 
entrada Banda de Música Popular de Rubiós

Banda de Música
Banda de Música Popular de Rubiós (1989)

Cándido Rodríguez Méndez
Rubiós. Couto 39 • 36449 As Neves
Tfno.: 986 66 70 81



Subir



entrada Coral "Santa María das Neves"

Coral
Curriculum

A Coral Sta. María de As Neves foi fundada po-la iniciativa do Alcalde do Concello en aquel momento D. Oswaldo-Lino González Pereira, que xunto co Grupo de veciños de As Neves e pobos cercanos convenzan os ensaios no ano 1988, sendo o seu Director D. Rafael Pérez Dopeso.

De maneira totalmente altruísta e por amor a música, os seus compoñentes xuntanse nas derradeiras horas do día para preparar con gran ledicia un programa músical, que abarca dende música relixiosa ata música folclórica universal.

Despois da súa primeira actuación pública, o 5 de Agosto do ano 1989 ( Nas festas Patronais en honor a Vime de As Neves ), comezou a percorrer músicalmente case que toda a xeografía Galega, principalmente a Provincia de Pontevedra tendo a ocasión de actuar en Vigo, Hío, o Grove, Ponteareas, Arbo e un longo etc., así como tamén tivo a ocasión de actuar en Portugal, na casa Galega de Lisboa, en Oporto e en Aveiro.

Durante estos anos a Coral Sta. María de As Neves actuou tamén na Televisión, tanto na Galega como na Televisión Española, saindo en programas tales como Luar, Galicia Enteira e Dende Galicia para o Mundo e tamén participou no Festival de Panxoliñas de Caixanova.

En varias ocasións a Coral actuou en conxunto coa Banda de Música Popular de Rubiós, destacando as actuacións realizadas no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas e no Vázquez Portomeñe de As Neves, sobre música de Zarzuela.

Na actualidade a Coral esta composta por 40 coralistas, sendo D. Juan Manuel Alonso González o seu Presidente; e D. Rafael Pérez Dopeso o seu Director.

Subir




entrada IX Certame Fotográfico "Vila de As Neves"


GañadorO Concello de As Neves entregou o premio do IX Certame de Fotografía “Vila de As Neves” a xoven pontevedresa Elisa Bravo Orozco.  A gañadora do concurso recibiu o seu premio pola fotografía “Cos pés en terra de As Neves”, tomada na área recreativa de Redondelo, un lugar de esculturas ó aire libre. O cheque de 1000 € vaino empreñar, segundo manifestou, en material fotográfico.

accesitaccesitJosé María Lomba Martínez e Agustín Abreu Fernández recibiron sendos equipos fotográficos por ser os gañadores dos dous accésits.

En total foron presentadas e expostas no auditorio Vázquez Portomeñe 29 fotos ó concurso que tiña como lema “As Neves e o seu entorno” co fin de promocionar o municipio.

Subir