Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Emprego
<vacio> Información Xeral

Estamos no concello.
Pza da Cristiandade, 1
36440 As Neves (Pontevedra)
Telf: 986 648 038

e-mail: emprego@asneves.com

Encargada:
Esperanza Goyanes López


<vacío>O servicio do Técnico Local de Emprego no Concello das Neves comenzou a funcionar a finais do ano 2001; dito Servicio foi creado no ámbito da colaboración da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude coas entidades locais, a tarvés dos programas de cooperación, como instrumentos para promove-la configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e na xeneración de emprego no contorno local.
As funcións principais do técnico local de emprego segundo as directrices fixadas pola Consellería, son:
a)      Prospeción de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
b)      Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividades entre os desempregados, promotores e emprendedores así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara ó fomento dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
c)      Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financieira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
d)      Apoio ós promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuir á boa marcha das empresas creadas.
e)      Calquera outra que axude á implantación das politicas activas de emprego na súa zona de influencia.
 Ademais ofrécese Información Xeral:
 -        Formas Xurídicas
-         Axudas e Subvencións
-         Programas de fomento de emprego
-         Actividades formativas
-         Dirección de interese