|

Antigua casa rectoral, rehabilitada no ano 2000 e que se
encontra xunto a Iglesia parroquial de Santa María de Vide.
Ambas construccións están moi relacionadas coa orden dos
templarios, posto que na Igrexa, nunha parede, pola parte
exterior, apreciamos unha estrela que pertencería a esta
orden.
O
visitante que se acerque a este museo podrá coñecer unha
exposición permanente sobre a Comunidade de Regantes Vidense e
tamén sobre as pesqueiras e a sua lamprea.
Esta
comunidade ten máis de cen anos de antigüedade e foi a única en
Galicia, ó ser inscrita na “Federación Nacional de Regantes de
España”. Ademais de utilizar unha acequia romana de máis de 6
km.
As pesqueiras/pescos son construccións de pedra aliñadas
paralelamente para orixinar artificialmente correntes e
propiciar a captura de tal preciado plato do Río Miño, a
lamprea.
DIRECCIÓN
Carretera PO-400 As Neves-Arbo
Iglesia Santa María de Vide
Vide
Tfno: 691 532 060
HORARIO
Setembro-Xuño
Martes-Venres: 17:00-18:00h
Sábados e domingos: 17:00-19:00 h
Xullo-Agosto
Martes-Venres: 18:00-20:00h
Sábados e domingos: 17:00-20:00 h
Festivos de verán e inverno: cerrado
ENTRADA:1€


O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural ten como función principal promover un ambiente para o aprendizaje creativo, dando a coñecer ás xeracións presentes o significado dun legado cultural e histórico, constituído polos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da zona.
Está orientado a cubrir catro funcións básicas: investigación, conservación, divulgación e posta en valor do entorno. Neste caso os elementos e valores históricos dun ben inmoble que lle sirve de sede, así como os valores culturais e patrimoniais aquí expostos.
Conta cunha Exposición Permanente dos bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: Capelas, fontes, cruceiros, muiños, reloxos de sol, petos de ánimas, petrogrifos e o Castro de Altamira; todo elo constitúen legados importantes que desexamos dar a coñecer ós visitantes que acudan a este Centro.
As nosas actividades están dirixidas á población en xeral, dedicando especial atención ós visitantes de grupos organizados e a escolares.
O conxunto de actividades que oferta este centro van encamiñadas a revelar e a explicar ó público visitante o papel e o significado do patrimonio histórico e cultural mediante a súa interpretación contemporánea có fin de aumentar a sensibilización e facer máis eficaz a conservación do patrimonio en xeral.
SERVICIOS E OFERTA DO CENTRO:
Explicación da exposición permanente
Visita guiada no centro de interpretación
Proxección de audiovisuais (duración aprox. 20 min)
Rutas guiadas ó aire libre
Salón de usos múltiples
Biblioteca
Sala de ordenadores con acceso a Internet
Sala de ocio e cafetería
INFORMACIÓN E VISITAS
Mércores-Xoves-Venres
Sabado e Domingo
Horario: 10-14 h. 17-21 h.
Entrada sala de exposicións: 1€/persoa
Grupos (según contratación de actividades). Prezo a concertar
(34) 986.65.27.33
Dirección:
Lugar da Rata,
Taboexa – As Neves
Pontevedra
A52 Vigo – Ourense
Saída 287 ( a 2 Km saída autovía estrada Taboexa – As Neves Pontevedra)

|