Polígono industrial Porto seco, un espacio para empresas, transporte de mercadorías, actividades industriais e servicios asociados
A Plisan, máis coñecida por Porto Seco, é un complexo multifuncional formado por áreas especializadas de concentración de empresas e servicios loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidad portuaria, así como de actividades industriais e servicios xerais asociados.
Pola súa excelente situación, conexións viarias e ferroviarias, a súa relación co Puerto, capacidade e servicios, vai ser a gran zona de actividades loxísticas do sur de Galicia e norte de Portugal.
Son numerosas as empresas, non só españolas senón tamén doutros países europeos, interesadas en ubicarse na Plataforma Loxística.
A superficie total do parque é de 4.196.167 m² e conta con:
- O centro intermodal e a zona de conexión a través de terminais intermodais de ferrocarril e estrada. Disporá dunha terminal específica para contenedores, granito e automóbiles. Ocupará
unha superficie de 314.238 m².
- A área loxística intermodal: está destinada a empresas con actividades necesarias de acceso á rede ferroviaria e a súa superficie suma 202.758 m².
- A área loxística de tranformación é para operadores loxísticos, con actividade compatible de tranformación e conta cunha
superficie de 738.113 m².
- A área multifuncional industrial que se destina a empresas de transformación con centros loxísitcos propios e relacións sinérxicas co resto da Plataforma. Ocupará 650.481 m².
Contará tamén cunha superficie de 35.221 m² para centro de servicios que é o complexo que agrupa os servicios hoteleiros, bancarios, oficinas de empresas, servicios sociais e equipamento; así como cunha área loxística empresarial onde se ubican empresas cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servicio, oficinas e producción. Esta área ten unha superficie de 399.371 m².
Disporá de: zonas verdes - 940.000 m²-; aparcamentos - 358.985 m²-; viais -427.000 m²- e área de equipamentos sociais e deportivos -130.000 m²-.
|