Información Xeral
Estamos no concello.
Pza da Cristiandade, 1
36440 As Neves (Pontevedra)
Telf: 986 648 038
Horario Atención ó Público:
Martes e Vienres de 9:00 a 15:00.
Encargada:
Noelia Rodríguez Corbillón
Prestaciones dentro do departamento
1. Prestación de Información, orientación e asesoramento:
- Atención directa a consultas relativas a recursos e dereitos sociais de individuos familias ou grupos, realizando as oportunas xestións ou remitindo ós organismos pertinentes.
- Poñer a disposición de todos a información a través de edicións de folletos, carteis, celebración de charlas, conferencias, coloquios etc.
- Recollida e tratamento da información sobre as necesidades sociais, para planificación e priorizaciòn de recursos sociais.
- Realización de entrevistas individuais, familiares e grupais.
- Realización de visitas domiciliarias.
- Análise, interpretación e elaboración de informes sociais, emisión de dictámenes técnicos ou administrativos naqueles casos ou situacións-problema que o requiran.
2. Prestación de promoción e cooperación social
- Asesoramento técnico ás asociacións que xa estean constituídas como tales, e as que se encontran en proceso de constitución.
- Elaboración de programas de acción social, tendo en conta as inquietudes e desexos dos distintos grupos sociais afectados.
- Realización de campañas de sensibilización en temas como o racismo, xenofobia, e cooperación social en xeral.
- Fomentar a creación de grupos de voluntariado social, entorno os distintos programas.
- Prestación de Axuda no fogar e apoio a unidade de convivencia:
- Realización de entrevistas e visitas domiciliarias, para o coñecemento valoración e diagnostico dos casos que precisen deste servicio
- Recollida e tratamento da información para unha planificación adecuada das actividades a desenrolar.
- Selección e orientación da profesional Auxiliar domestica que prestará o servicio.
- Seguimento continuado dos beneficiarios.
4. Prestación de prevención e inserción social:
-Análise e estudio de situacións susceptibles de ser orixe de marxinación da poboación considerada de risco en orde á planificación de accións de carácter preventivo.
- Tratamento de situacións-problema individuais e grupais
- Elaboración de programas priorizando aqueles que teñan unha vertente preventiva e de reinserción social de grupos ou individuos afectados por algún tipo de marxinación
En relación a esta prestación levaronse a cabo as seguintes actuacións. Algunhas financiadas pola Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, e outras a través do plan concertado.
- Técnicas de estudio para escolares con problemas de fracaso escolar (Programa de educación familiar)
- A atención infantil como medida preventiva de malos tratos (Programa de educación familiar)
- Curso de autoestima para menores (Programa educación familiar)
- O programa de integración para inmigrantes do cual se engade memoria amplia.
- Escola de pais (Programa de educación familiar)
- Programa de prevención de conductas esteriotipadas discriminativas e de perxuicio.
|